2010

3 Azoteas


3 Azoteas ten como única pretensión darlle cabida ás inquedanzas musicais colectivas dos seus integrantes, tomando o jazz como punto de partida, pero dende unha perspectiva aberta, sen prexuízos nin imposicións estilísticas ou compositivas.

O nome do grupo pode verse como unha alegoría do que implica como elemento construtivo; tres azoteas decoradas, organizadas e amobladas dunha forma diferente, pero integrantes do mesmo edificio e por tanto ensambladas dentro dunha construción e duns parámetros arquitectónicos similares.
Este encontro musical, esta sorte de comunidade de veciños creativa, tenta facer un compendio dos gustos e experiencias musicais dos seus inquilinos para dar lugar a un proxecto no que a música se estenda como un fluído por riba das estruturas.

Pablo Pérez, contrabaixo, baixo eléctrico
Iago Mouriño, piano, teclados
Miguel Queixas, bateria