2010

Horacio Fumero & Pedro Javier González


Horacio Fumero é un dos músicos de jazz máis activos da escena nacional. Foi integrante do mítico Tete Montoliu Trío durante dúas décadas. E hoxe pódeselle escoitar en diferentes formacións. Fumero é tamén profesor da Escola Superior de Música de Catalunya (ESMUC) e do Conservatorio Superior do Liceu de BCN.

Pedro Javier González é arranxista, compositor, intérprete e productor, co tempo ten ampliado o radio da súa vontade artística para configuralo seu proxecto en solitario. Tras acumular diversos premios no ámbito da guitarra flamenca lánzase á ruta do mapa musical acompañando a figuras como Joan Manuel Serrat, Victoria de los Ángeles, El último de la fila ou Manolo García.

Estes dous grandes músicos e amigos con recoñecidas e extensas traxectorias, veñen a presentarnos agora o seu dúo, que viaxa coa música dende o carácter flamenco ao horizonte da fusión enlazando modernidade e tradición. Neste novo proxecto de cordas, crean unha música intimista e delicada, fusionando o jazz e o flamenco.

http://www.horaciofumero.com/
http://www.pedrojaviergonzalez.com/