2010

Jazzeros Inoxidables


O proxecto naceu coa intención de investigar nas sonoridades da combinación de guitarra, hammond e batería. Tomando como base esta formación de trío, tan usual no eido jazzístico como descoñecida polo gran público, o grupo parte das raíces do jazz e do funk para evolucionar cara a sons, rítmicas e estruturas máis contemporáneas.

As influencias do grupo son moi variadas, desde o jazz máis clásico ata o rock, o pop, a música clásica ou as bandas sonoras. Unha amalgama estilística onde o experimental conflúe coa tradición, e a improvisación forma o eixo central dun mecanismo baseado na interacción dos seus músicos.

David Regueiro, Guitarra
Iago Mouriño, Hammond
Noli Torres, Batería

http://www.myspace.com/jazzerosinoxidables/