2010

Manu Katché Band


O batería francés Manu Katché converteuse dende finais dos anos 80 nunha das referencias indiscutibles do seu instrumento; e isto gracias tanto ao seu traballo no mundo do jazz (nas formacións do saxofonista Jan Garbarek) como polos seus traballos con estrelas do pop (Sting , Youssou N’Dour, Peter Gabriel, Simple Minds, Dire Straits, The Bee Gees, Tears For Fears, Tracy Chapman, The Gypsy Kings, Al Dimeola, o Joe Satriani).

Comezou a estudar percusión clásica.Obtivo unha beca para o conservatorio, pero decidiu gañarse a vida tocando a batería. Comezou tocando jazz e fusión, pero sempre coa sensibilidade dun percusionista. Realmente, a través dos anos, Manu chegou a toca-las percusións cubanas e africanas tan ben como a batería. Katché era un respetado músico de sesión en París antes de obter o reconoñecemento internacional polo seu traballo con Peter Gabriel no influínte álbum de 1986, ‘So’. Aquí combinou á perfección unha brillante percusión cun inconfundible groove dunha maneira nunca antes escoitada.

Os seus momentos de gloria son moitos, aínda que en seguida nos veñen á memoria as súas aportacións ó Nothing Like The Sun(1987) de Sting ( a súa batería en Englishman in New York é das que crean escola, unha evolución das aportacións que Stewart Copeland xa tiña realizado ás cancións de The Police); o seu traballo en Wakafrica (1993), de Manu Dibango (onde rendiu contas coa súa ascendencia africana);e prácticamente todo o que fixo xunto a Peter Gabriel ou a Jan Garbarek.

Dende 2005 retomou o seu vello amor polo jazz, liderando a súa propia banda con concertos por todo o mundo e publicando, ata o momento, tres gravacións co prestixioso selo ECM.

Manu Katché, batería
Tore Brunborg, saxo
Alfio Origlio, piano
Laurent Vernerey, contrabaixo

http://www.manu-katche.com