2010

Sofía Vitoria e Luis Figueiredo


Sofia Vitória e Luís Figueiredo trannos de Portugal o seu novo proxecto; chámase Palavra de Mulher e está composto por cancións de Chico Buarque, precisamente naquelas nas que a muller aparece en primeiro plano. Esta é sen dúbida unha perspectiva diferente onde se destaca a presencia feminina nas obra do músico, escritor e intérprete Chico Buarque.

Sofia Vitória foi a grande vencedora da segunda edición da Operaçión Triunfo portuguesa e representou Portugal no Festival de Eurovisión en 2004 e dende entón ten participado en numerosos proxectos que van do jazz á música brasileira, completamente fora do estilo que a levou a Eurovisión.

En 2006 colabora no disco “Saudades de Tom – Un tributo a Tom Jobim” de Gonzaga Coutinho. En 2007, pasa a colaborar no Trío Júlio Resende e no Trío Vasco Agostinho. Actualmente integra tamén a banda de Julio Pereira facendo parte dos concertos do seu último álbum, Geografias.

Sofía Vitoria, voz
Luis Figueirido, piano

http://www.myspace.com/sofiavitoria