2010

Stefano Bollani - Jesper Bodilsen - Morten Lund


Stone in the Water (ECM, 2009) é última gravación do pianista italiano Stefano Bollani co seu trío danés.
Bollani xa tiña gravado anteriormente para este selo, en piano só e en dúo con Enrico Rava, pero este rexistro supón para Jesper Bodilsen e Morten Lund o seu estreo na marca alemá.
Os tres músicos afrontaron un programa fascinante que inclúe novas composicións de Bollani e Bodilsen ademais de baladas de Caetano Veloso, Antonio Carlos Jobim e tamén música de Poulenc, conseguindo un novo e fresco colorido para o xénero do trío de piano.

O pianista italiano Stefano Bollani iniciou a súa colaboración co contrabaixista Jesper Bodilsen e o baterista Morten Lund no ano 2003. O entendemento entre os tres músicos foi excepcional dende o principio e os seus traballos discográficos foron moi apreciados pola crítica chegando a vender varios miles de copias.
Non fai falta ser músico para comprender o que Jesper Bodilsen explica cando di: “O fascinante de tocar con Stefano é a súa brillantez musical. Nunca sabes que vai pasar: todo o que sabes é que hai unha grande inspiración.
A súa música combina virtuosidade e sentido do humor con algo ben profundo.
Isto ocorre, en parte e probablemente, polo feito de que Bollani exprésase con facilidade en moitos idiomas musicais. A súa preparación ten orixen na música clásica pero ten tocado jazz e pop dende a súa adolescencia, mesmo nun momento pensou en continuar a súa carreira como vocalista. A súa diversidade e apertura de ideas son dous puntos importantes que comparte con Jesper Bodilsen e Morten Lund. Tras 15 anos de colaboracións en numerosos proxectos, estes dous músicos son con toda probabilidade o máis sólido tándem contrabaixo/batería da súa xeración dentro da escena europea do jazz.

O pianista italiano Stéfano Bollani pertence a esa xeración de novos músicos europeos que se sinte igualmente identificado co jazz americano, a música europea e as tradicións populares, deixando a súa pegada persoal en todo aquelo que interpreta. En vez de apelar a virtuosos efectos, Bollani aplica unha pulida técnica sen deixar a un lado a súa versatilidade e bo sentido do humor. Nas súas composicións logra un confortable equilibrio entre melodías claramente delineadas e estructuras abertas, o que fai deste pianista un músico imprescindible para o jazz contemporáneo. No ano 2007 gaña o premio Hans Koller Preis como mellor músico de jazz europeo

Stefano Bollani piano
Jesper Bodilsen contrabaixo
Morten Lund batería

http://www.stefanobollani.com/