2010

The Saxophone Summit feat. Joe Lovano and Dave Liebman


Cando Michael Brecker, Joe Lovano e Dave Liebman – quizáis os máis grandes saxofonistas de jazz do seu tempo – xuntáronse por primeira vez a mediados da década dos 90 como The Saxophone Summit para conmemorar o vinte aniversario do pasamento do seu principal ideólogo, John Coltrane, a súa misión era exploralos limites do jazz, seguindo polos camiños que John Coltrane tiña aberto décadas antes.
bq. Cando Saxophone Summit gravou o seu álbum de estrea, Gathering of Spirits, en 2004, a crítica delirou.
Infelizmente, coa morte de Michael Brecker no principio de 2007, un segundo álbum con estes tres titáns xa non puido ser. Mais persistindo nun pensamento e nun espírito experimentais que tanto Becker como Coltrane personificaban, Saxophone Summit reúnese de novo no álbum de 2008, Seraphic Light, que continua a celebrar e a exploralas últimas obras de Coltrane.

A Liebman e Lovano xuntouse o fillo de John, Ravi Coltrane. Sobre Seraphic Light, dedicado a Brecker, di Liebman. “A ideia orixinal era continuar a partir do punto en que tíñamos ficado con Gathering of Spirits”. Referiase á enfase dada no álbum precedente a algunhas das características do último período de Coltrane: solos simultáneos, renuncia a un tempo específico, melodías e harmonías que van do diatonicismo á disonancia, pasaxes de rara e fermosa espiritualidade e unha ampla gama de recursos expresivos, casi todos resoltos entre aromas de hardbop e moita improvisación. “As composicións de Coltrane que escollemos para Seraphic Light reflexan estas direccións… Por outro lado, queríamos que cada membro do grupo tivese unha voz composicional representada”. É un concerto absolutamente imperdible.
Un apunte: Joe Lovano vén de ser nomeado pola Jazz Journalist Association como mellor saxofonista tenor do ano 2010, o seu grupo Joe Lovano Us Five como mellor grupo e o seu último disco Folk Art como o mellor disco.

Saxofón, Joe Lovano
Saxofón, David Liebman
Piano, Phil Markowitz
Baixo, Cecil McBee
Bateria, Billy Hart

http://www.joelovano.com/
http://www.daveliebman.com/