2010

Victor Bailey Group


Sen dúbida o baixista Victor Bailey pertence á unha elite formada polos músicos máis brillantes das últimas décadas e calificado polos críticos máis prestixiosos coma un dos mellores baixistas eléctricos de tódolos tempos.

Poucos podían imaxinar en 1980, cando Weather Report lanzaba o seu grande disco Night Passage que sería o último de Jaco Pastorius ao baixo, dado que a súa formación por aquel tempo estaba considerada a mellor da súa historia (Shorter, Zawinul, Thomas, Erskine, e Jaco) que o sustituiría un rapaz de Brooklyn de apenas vinte años, Victor Bailey, que permanecería na banda ata a súa disolución, uns cinco anos máis tarde.
Bailey volvería a atoparse a finais dos 90 con Joe Zawinul ao xuntarse á The Zawinul Syndicate, pero antes participou nos últimos anos de Steps Ahead,e foi músico de estudio e de xiras con multitud de artistas dende Miriam Makeba a Madonna pasando por Sonny Rollins, Michael Brecker, John McLaughin, Pat Metheny, Chick Corea, Carlos Santana, Larry Coryell ou Metro.

A Victor Bailey Band está formada na actualidade polo saxofonista Casey Benjamin (Mos Def, Heavy, DJ Logic), o batería Poogie Bell (Stanley Clarke, Roberta Flack, David Bowie) e o teclista Peter Horvath (Joe Henderson, Lenny White).

Victor Bailey, baixo
Poogie Bell, batería
Casey Benjamin, saxo e teclados
Peter Horvath, teclados

http://www.victorbailey.com/