2012

Alberto Vilas Quintet


Un jazz con fortes pegadas do son americano dos anos 40, 50 e 60. Altas doses de improvisación con músicos chegados de xéneros como o blues, o tango ou a música clásica que se agrupan arredor de quen dá nome ao proxecto. Experianza, o primeiro álbum de Alberto Vilas Quintet, chegou ás tendas este ano da man do selo Azos Jazz.

  • Fernando Sánchez: saxo
  • Felipe Villar: guitarra
  • José Manuel Díaz: contrabaixo
  • Javier Barral: batería
  • Alberto Vilas: piano