2012

Bill Evans Soulgrass Band


O saxofonista Bill Evans explorou ao longo de máis de trinta anos de carreira múltiples xéneros musicais, incluíndo hip hop, fusión, reggae, soul, bluegrass e funk.

En 1980, con 22, Bill Evans entrou a formar parte do grupo de Miles Davis co que estivo xirando arredor do mundo durante catro anos. Despois gravou tres discos con John McLaughlin e a Mahavishnu Orchestra e máis adiante tocou con Herbie Hancock, Lee Ritenour, Dave Grusin, Steps Ahead e Mick Jagger entre outros.

Con quince discos en solitario, Evans xa recibiu dúas nominacións aos Premios Grammy, unha polo disco Soul Insider (2002) e outra por Soulgrass (2006).

Músico sen complexos, o seu estilo varía en función do concepto musical que aplica a cada un dos seus dis- cos. Non lle gusta definir ou etiqueta-la súa música e mércores 14 sempre sorprende con discos e concertos nos que con- tinuamente actualiza o seu estilo. Nestes últimos anos, o “mix” de Bill Evans baséase na fusión de jazz, blue- grass e soul. Para iso, xuntouse con catro sensacionais músicos que adquiren un protagonismo notable nos seus concertos, coa mención especial do xove batería e cantante Josh Dion, un dos músicos con máis futuro no panorama do jazz contemporáneo estadounidense.

A este respecto, Evans puntualiza: «A miña intención foi que todo quedara equilibrado, que o banjo, a man- dolina ou a guitarra soaran a bluegrass, o saxo a jazz e o baixo a funk». Só así, na súa opinión, logrou plasma- la paleta artística que é Soulgrass.

  • Bill Evans: saxos
  • Ryan Cavanaugh: banjo
  • Mitch Stein: guitarras
  • Frank Gravis: baixo
  • Josh Dion: batería e voz