2012

Kike Mora Jazz Project


Kike Mora é un músico cunha dilatada traxectoria profesional, de máis de dez anos, tanto na faceta de intérprete como na de produtor e docente. Está Licenciado en Baixo Eléctrico de Jazz polo MUSIKENE.

Ademais de baixista, contrabaixista, guitarrista, compositor, produtor e arranxista, foi colaborador en proxectos destacables como Beer Mosh, Urgabe, Kepa Junkera (colaborador no Dobre CD en directo K, galardoado cun Grammy Latino al Mejor Álbum Folk), Korrontzi, Mubajito, Evidence Quartet, Jimmy Barnatán…

  • Kike Mora: baixo
  • Kike Guzmán: saxos
  • Juan Ortiz: piano
  • Kepa Calvo: batería