2012

Martín Blanes


Martín Blanes é un guitarrista acústico contemporáneo cun incrible estilo virtuoso. É capaz de crear cunha soa guitarra liñas de baixo, percusións e melodías brillantes ao mesmo tempo, combinando estilos que van dende o jazz ata o tango, pasando polo pop e o rock, mesturados con música galega. A súa énfase mantense na composición e o seu material orixinal bebe de fontes diversas, dende a música galega ata Radiohead. Toca habitualmente en toda Europa e Estados Unidos, en festivais de California a Grecia, de Polonia a Utah, dando máis de cen concertos ao ano e contando cun gran grupo de seguidores. É recoñecido polos expertos como un dos guitarristas
máis innovadores e con talento da súa xeración. Neste momento é citado como influencia por moitos outros guitarristas e ten alumnos nos cinco continentes. Os
seus vídeos en youtube contan con decenas de miles de visitas.

  • Martín Blanes: guitarra.