2012

Max Gómez Cuarteto


Max Gómez Cuarteto é una formación pouco usual. Dúas baterías, un contrabaixo e un saxo son as ferramentas, o jazz e a improvisación son a linguaxe e os temas orixinais e standard son o escenario. Integrada por músicos de brillante traxectoria como Paco Charlín, Iago Fernández e o portugués João Mortagua, explora a parte máis rítmica da improvisación, recordando por momentos a Greg Osby, Branford Marsalis ou Ornette Coleman.

  • Max Gómez: batería
  • Iago Fernández: batería
  • Paco Charlín: contrabaixo
  • Joao Mortagua: saxo