2012

Nani García Trío


Nani García Trío tivo os seus comezos no ano 1986.

Nese momento un novísimo Alfonso Morán ao contrabaixo e Carlos Castro á batería formaban o grupo xunto ao pianista Nani García.

Pouco tempo despois, Fernando Llorca substituíu a Carlos Castro na batería. Durante os anos 90 mantívose esta formación, que foi a encargada de inauguralos concertos do Ciclo de Jazz da Fundación Barrié alá polo1996, e a banda tivo unha actividade frenética por toda a Península, chegando a ser premiada polo programa de jazz máis lonxevo da televisión en España Jazz entre amigos. Sen embargo os seus integrantes nunca chegaron a gravar xuntos.

Agora Nani García regresa cun novo trío xunto a Simón García e Miguel Cabana. O seu primeiro álbum, Renaissance (2012), composto por Nani García, pretende ser unha reflexión en clave positiva a cerca da importancia de reinventarse día a día.

  • Nani García: piano
  • Miguel Cabana: batería
  • Simón García: contrabaixo.