2012

Pablo Castaño Septet


Pablo Castaño, despois de recibir unha bolsa de estudos e obter o BFA en Jazz Performance na New School University , estivo residindo como músico freelance na cidade de New York. Neste período raballou de sideman en concertos e gravacións con Tom Abbott, Stan Rubin, Eyal Vilner, Wade urnes, Bobby Sanabria e Woogie Lee entre outros moitos artistas destacados da escena neoiorquina. Smalls, Minton’s Playhouse, Fat Cat, Iridium, Jazz Garage, Carnegie Club, Swing 46 ou Jazz Lincoln Center eran escenarios habituais nos que Pablo Castaño desenvolveu a súa carreira profesional. Con esta banda fai unha incursión na forma orquestral da música jazz, cunha presentación pouco común e mediante temas orixinais e versións de pezas standard.

  • Pablo Castaño: saxo alto, saxo soprano, composición, arranxos e dirección
  • Toño Otero: saxo tenor, saxo barítono
  • Manuel Paino: trompeta
  • Luis Miranda: trombón
  • Manolo Gutiérrez: piano
  • José Manuel Díaz: contrabaixo
  • Ton Risco: batería