2012

Pilc-Moutin-Hoenig


Jean-Michel Pilc trasladouse a Nova York no ano 1995 e pouco despois puxo a roda-lo seu primeiro trío coseu compatriota François Moutin ao contrabaixo e unxove Ari Hoenig á batería. O impacto na escena do jazzmundial foi inmediato. Este trío realizou innumerablesconcertos e gravacións nos oito anos que durou. Apartir do 2003 cada integrante seguiu o seu camiño: Pilc formaba un novo trío e colaboraba cos melloresmúsicos de jazz europeos e americanos como RoyHaynes, Michael Brecker, Kenny Garrett, RichardBona ou Daniel Humair. François Moutin que, comomembro do lendario trío de Martial Solal, xa era con-siderado un dos mellores contrabaixistas de Europacando residía en Francia, pasa en Nova York a ser undos máis solicitados. As súas colaboracións en directomartes 13e en estudio son innumerables: Dave Liebman, JohnAbercrombie, Archie Shepp, Franck Wess, JimmyHeath, Monty Alexander, Mike Stern, Lew Soloff, Ste-ve Kuhn, Billy Hart, Victor Lewis, Billy Drummond, Oli-ver Lake ou Harry Belafonte. Tamén colabora co seuirmán Louis no Moutin Reunion Quartet.

Ari Hoenig converteuse para moitos no batería máiscreativo e innovador do jazz neoiorquino actual. Écoñecido pola súa intensa aproximación á polirritmiamáis complexa e pola mestría na técnica denominadamelodic drumming. Ademáis de co seu cuarteto ac-tuou cunha gran variedade de grupos, incluíndo Ken-ny Werner Trio, Chris Potter Underground, Kurt Rosen-winkel Group, Joshua Redman Elastic Band e bandaslideradas por Mike Stern, Richard Bona, Pat Martinoou Dave Leibman. Compartiu escenario con artistascomo Herbie Hancock, Wynton Marsalis, Dave Ho-lland, Joe Lovano, Pat Metheny ou Gerry Mulligan.

Nove anos despois Pilc, Moutin e Honeig supertrío aoque Hoenig, humoristicamente, denomina the threeheaded monster reencóntranse para poñer en pé agravación Threedom, que estará sen dúbida entre os Discos do Ano, e ofrecer unha nova xira de concertos.

  • Jean-Michel Pilc: piano
  • François Moutin: contrabaixo
  • Ari Hoenig: batería