2012

The Last Minute Experience


Low Cost Generation é o terceiro disco de The Last Minute Experience e presentase oficialmente no Festival de Jazz de Lugo.

Esta formación internacional conta con intérpretes xoves de jazz entre os mellores da Península, ademais de con MC Stormy, músico dunha grande influencia na escena musical londiniense, e Escandaloso Xposito, colaborador asiduo de Kase’O Jazz Magnetism e unha das voces máis frescas do hip hop nacional. Para o seu último proxecto, Last Minute tivo a DJ Panko, o habitual de Ojos de Brujo e representativo da Barcelona mestiza, como colaborador. As actuacións da banda cativan tanto os seguidores do jazz como ao público ávido de novas experiencias. A inclusión de sintes, programacións e efectos sonoros fan do seu directo un cóctel explosivo no que prima a improvisación.

The Last Minute Experience é unha proposta innovadora e única en España que fusiona xéneros como o drum’n’bass, chillout, rock ou funk co jazz de vangarda.

  • MC Stormy: voz · Voro García: trompeta
  • Escandaloso Xpósito: voz · Hugo Astudillo: saxo
  • Óscar da Graça: piano e teclados
  • Carlos López: batería.
  • David González: baixo eléctrico
  • Invitado especial: DJ Panko