2012

Ton Risco Quintet


Ton Risco, percusionista ourensán formado entre Galicia e Holanda, aposta polo vibráfono para un quinteto que leva o seu nome e no que os temas de composición propia conviven con versións, tamén moi persoais, de standards do jazz. A singularidade tímbrica do vibráfono, xunto á variedade dinámica do repertorio, tece un fío de concerto que se move entre a tradición e a modernidade.

  • Ton Risco: vibráfono
  • Marcos Pin: guitarra
  • Javier “GDJazz” Pereiro: trompeta e fliscorno
  • Juan Cañada: contrabaixo
  • Max Gómez: batería