2014

Los Hot Chocolates


A medio camiño entre o tradicional conxunto de dixieland e as grandes big bands da era do swing, Los Hot Chocolates comeza a xestación durante o verán do 2013 xuntando a vellos coñecidos da escena musical coruñesa. Cun espectáculo eminentemente festivo e con 12 compoñentes, os concertos dos “Chocolates” caracterízanse por transmiti-la alegría e o positivismo do jazz tradicional e a diversión do baile swing. Ao longo deste ano tiveron una moi boa acollida por parte do público en tódolos seus concertos. Participaron no 1er Festival +Q Jazz da sala Garufa Club e no ciclo de concertos 1906 Estrella Galicia. Neste momento están traballando no que será o seu primeiro disco.

  • Iago Mouriño: piano, arranxos
  • Santi González: saxofón tenor
  • Nando González: trompeta
  • Pablo Añón: saxofón alto
  • Diego Rodríguez: trombón
  • Víctor Sánchez: clarinete
  • Juan Tinaquero: contrabaixo
  • Luis Tinaquero: guitarra acústica, banjo, dobro
  • Juan Cabe: guitarra, banjo
  • Santi Roma: batería, táboa de lavar
  • Marián Ledesma: voz
  • Miguel Ladrón de Guevara: voz.