2017

Charenée Wade


Charenée Wade é unha das cantantes con máis proxección do jazz internacional. Primeira finalista na Thelonious Monk International Vocal Competition e intérprete do Betty Carter’s Jazz Ahead Program no Kennedy Center de Washington. Charenée Wade, alén de vocalista, é compositora, arranxista e educadora. Ela foi un dos catro talentos escollidos para formar parte do obradoiro de músicos de Dianne Reeves no Carnegie Hall. Manexa o seu timbre, que recorda nalgúns momentos ao jazz clásico de Betty Carter e Sarah Vaughan, con técnica, dinamismo e enerxía sorprendentes e incorpora matices persoais que conectan coa vangarda actual do jazz. O seu segundo álbum, Offering (2015), é unha homenaxe, unha «ofrenda», ao repertorio dunha das súas grandes influencias, Gil Scott Heron. Para a gravación contou con músicos como Marcus Miller, Lonie Plaxico, Stefon Harris e Christian McBride.

  • Charenée Wade: voz
  • Oscar Pérez: piano
  • Paul Beaudry: contrabaixo
  • Darrell Green: batería