2017

RICCA


Ricca é o nome artístico co que Esther Ovejero empezaba unha nova andaina musical da man do produtor Pablo Cebrián. A idea xestouna durante anos e viu a luz en novembro do 2014 canda a edición do seu primeiro traballo, Gerunds, que nos mostra unha Ovejero máis próxima ao soul e á música negra e vén repleto de boas e orixinais cancións que ofrecen un gran directo. Ricca andou e anda de xira por importantes cidades da xeografía española (Madrid, Zaragoza, Barcelona, Huesca, Teruel, Valencia…) onde tivo e ten unha acollida espectacular. Ademais, está prevista a súa participación en varios festivais no estranxeiro. Ricca afonda nos sentimentos e é quen de somerxe-lo público nas súas emocións coa intensidade propia desa voz tan negra e canaria á vez.

  • Esther Ovejero: voz
  • Felipe Hernández: teclados
  • Miguel Ponce: baixo
  • Niki Weber: guitarra
  • Sergio Díaz: batería
  • Kike Perdomo: saxo
  • Gustavo Díaz: trompeta
  • Sara Almeida, Jose Félix Álvarez e Idaira Afonso: coros