2018

Nani García Trio + BMMC (Banda Municipal de A Coruña)


O concerto xira arredor dunha composición de Nani García, «Audiovisualismo», que o abrirá. Seguirana varios arranxos de temas emblemáticos do jazz, «Take Five» de Paul Desmond, «Caravan» de Juan Tizol e Duke Ellington..., aos que se sumarán outras obras orixinais de Nani García.

Nani García: piano

Simón García: contrabaixo

Miguel Cabana: batería

Matthew Simon : trompeta

Roberto Somoza: saxos + Quince músicos da BMMC dirixidos por Juan José Ocón